Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación do programa de vacacións de saúde destinado á terceira idade.

Obxecto: asistencia para a realización do programa de respiro vacacións de saúde destinado á terceira idade, que consistirá no aloxamento, mantenza e tratamento termal dos beneficiarios deste, nun centro dotado dos recursos necesarios para a atención inte

gral de anciáns con discapacidades físicas e/ou psíquicas que lles fagan precisar de axuda para realiza-las actividades da vida diaria.

Orzamento máximo: 6.825.000 ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: nove meses.

Garantía provisional: 136.500 ptas.

Clasificación requirida: non se esixe.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais