Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 11 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-425/1996, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado da Conselle

ría de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectivo no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-115/8, Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 11 de febreiro de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-425/1996.

Denunciado: Alfredo Moreno Cortina.

DNI: 05.397.576.

Último enderezo coñecido: Lamas de Prado, 160, Lugo.

Feito denunciado: transporta-lo día 13 de novembro de 1996, no vehículo matrícula AB-9315-F, 4 animais equinos procedentes da súa explotación ata o mercado do Corgo e carecer do carné de tratante.

Tipificación da infracción: Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196.

Precepto sancionador: artigo 213.

Sanción imposta: 50.000 pesetas.