Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/5-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalacón eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º (Est.6), 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. O Viso-Brumiáns-Zanfoga.

Situación: municipio de Laracha (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.889 m de lonxitude en conductor LA-30 que parte da L.M.T. Leborís-O Viso-Sta. Margarida e final no C.T. Zanfoga. Municipio de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña