Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Torre e Vilariño (Chantada).
Situación: Chantada.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV cunha lonxitude de 189 metros en conductor 56/54,6 mm Al sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Dúas liñas de baixa tensión de 1.997 metros de lonxitude total en conductor R.Z.-0,6/1 kV Al.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 4 de febreiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo