Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/38-2, 4916 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Burdallos Outeiro (Palas de Rei).

Situación: Palas de Rei.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 0,57 km de lonxitude en conductor 56/54,6 mm Al sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 100 kVA relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 0,682 km en conductor R.Z.-0,6/1 kV Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 4 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo