Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude da concesion de explotación Paredes, no concello da Cañiza, por parte de Abel Rubal Alonso e outro.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Abel Rubal Alonso e outro, con domicilio na r/ Torre Cedeira, 91, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 3 de xullo de 1992, instancia-solicitude da concesión de explotación Paredes, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Cañiza, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o número 2620 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vertice 18º 15' 40''42º 12' 40''

Vertice 28º 15' 00''42º 12' 40''

Vertice 38º 15' 00''42º 12' 20''

Vertice 48º 15' 40''42º 12' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 4 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra