Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/20-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Lobas, Silvosa.

-Situación: Calvos de Randín.

-Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV, de 1.408 metros de lonxitude, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, con orixe no apoio existente, en madeira, a substituír da L.M.T. a Pintas e Feás e remata no C.T. aéreo proxectado de Lobas, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea proxectada de Lobas e Silvosa en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense