Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a Eduardo Jaime García Cea, co último enderezo coñecido en Juan

Castro Mosquera, 64-1º, 15005-A Coruña, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de vinteúnha mil novecentas sesenta (21.960) ptas. en concepto de cobro indebido de axuda da renda de integración social de Galicia, segundo expediente remitido pola Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución poderá intepoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

-Reclamación económico-administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos