Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1998 sobre revogación do título-licencia de axencia de viaxes a Viajes Oínsua, co código identificativo XG-120 e casa central na Praza do Concello, 18 en Ribeira (A Coruña).

Visto o expediente de revogación do título-licencia á axencia de viaxes, Viajes Oínsua, sita na Praza do Concello, 18 Ribeira (A Coruña), da que é titular Amador Otero Insua.

Resultando que con data do 22 de outubro de 1997, a Inspección de Turismo constatou a inactividade da referida axencia de viaxes.

Resultando que con base no establecido no artigo 12 e) do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, se lle notificou á citada axencia, mediante oficio do 6 de novembro de 1997 que a inactividade sen causa xustificada, ó longo dun ano continuado é causa de revogación do título-licencia, se lle concedeu un prazo de 15 días para efectua-las alegacións que estimase pertinentes:

Resultando que nese prazo o interesado non efectuou alegacións.

Considerando que segundo establece o devandito artigo 12 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, cons

titúe causa de revogación do título-licencia das axencias de viaxes non mante-la actividade da axencia ó longo dun ano continuado sen causa xustificada.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería,

RESOLVE:

Revoga-lo seu título-licencia á axencia de viaxes Viajes Oínsua, co código identificativo XG-120 e casa central na Praza do Concello, 18 en Ribeira (A Coruña).

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo