Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4894 A.T.)

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese iformación pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A.

Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctica en industria mineira.

Características:

Anteproxecto: central coxeración, motor combustión interna e xerador 6.912 kVA, 400 V.

Combustible: fuel.

C.T. 0,4 kV, 6.700 kVA.

Localización: Os Castros-Burela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, pro triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, Ronda da Muralla, 70, no prazo de trinta días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo