Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/291-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Xoán de Poio.

Situación: Poio.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV, de 152 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde a L.M.T. Mourente-Sanxenxo, rematando no C.T. que se proxecta en San Xoán de Poio, concello de Poio C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea de 59 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 544 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra