Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 11 de febreiro de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (Abalde Otero, Victoria e vintetrés máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regu

lamento de recadación aprobados polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, rúa Lalín, nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, Praza de América, nº 1, portal oficinas 2ª planta, Vigo, ambos no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG.

Vigo, 11 de febreiro de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo (Pontevedra)