Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Camboño II.
Cultivo: mexillón.
Localización: cuadrícula nº 3, Cangas B.
Data da concesión: 14-11-1973 (BOE nº 285).
Data do remate da última prórroga: 28-11-2003.
Anterior concesionario: Mª Manuela Marcelino Canosa e outros.
Novos titulares concesión: María Marcelino Canosa.
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 19 de decembro de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)