Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 768/1997).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública

a solicitude da empresa Agrotecnologías, S.A. con enderezo social en Espíruto Santo, 29-30, Soñeiro, municipio de Sada. A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Unha planta de coxeración grupo d composta basicamente polos seguintes elementos:

Un grupo motor alternador de 972 kVA alimentado con gas natural.

Un centro de transformación de 1.200 kVA e relación de transformación de 380/20.000 V.

Instalacións de baixa tensión, de regulación e control de todo o sistema e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

A planta de coxeración vai instalarse no interior da fábrica de conservas citada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días nesta delegación provincial, Edificio Administrativo Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña