Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/30-2, 4908 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Aixor, Sebrín, Asteire e Gradín (Láncara).

Situación: Láncara.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 968 metros de lonxitude en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. Un centro de transformación de 50 kV relación 20.000/380-220 V. Liñas de baixa tensión de 2.940 metros de lonxitude total en conductor R.Z.-0,6/1 kV Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo.