Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (27/1998).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ribeira fai saber que na tercería dominio menor contía, número 00027/1998, promovido por José Pérez Reboiras,

contra Caixa de Aforros de Galicia, Amador Pérez Reboiras e Mª Carmen Fandiño González, acordou emprazar a Amador Pérez Reboiras, con domicilio actual que se descoñece, para que no termo de dez días compareza en legal forma mediante avogado e procurador, baixo apercibimento de declaralo en rebeldía e terlle por contestada a demanda.

As copias da demanda están á súa disposición en secretaría.

Ribeira, seis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado