Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 5 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-1021/96, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-1021/96 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións estime convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-1021/1996.

Inculpado: Manuel García Corredoira.

Domicilio: Marqués de Figueroa, 2-A, 1º I.

Motivos: obstrucción ó labor de inspección.

Data da iniciación: 19-8-1997.

A Coruña, 5 de febreiro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo