Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/154-2, 4849 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación do Foxo. Vilalba.

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 10 m de lonxitude en conductor LA-56. C.T. intemperie de 50 kV. Relación 20.000/380-220. Liñas de baixa tensión en conductor R.Z.-96 e R.Z.-50 en apoios de fomigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 9 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo