Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.065

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 59/1998, do 12 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto 4 R.V.L. 97. Xove. Mellora da E.P. 2607 de Cruceiro por Tuimil, Portocelo e Vilachá á E.P. de Xove a Morás.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 8 de agosto de 1997, aprobou o proxecto de 4 R.V.L. 97. Xove. Mellora da E.P. 2607 de Cruceiro por Tuimil, Portocelo e Vilachá á E.P. de Xove á Morás e na sesión celebrada o día 28 de xullo de 1997 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 26 de xaneiro 1998, nº 981.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de referencia figuran nun programa de cooperación económico local e os terreos precísanse para inicia-las obras dentro dos prazos sinalados pola normativa ó respecto.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigas 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de febreiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a

urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para o efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 4 R.V.L. 97. Xove. Mellora da E.P. 2607 de Crueeiro por Tuimil, Portocelo e Vilachá á E.P. de Xove á Morás.

Santiago de Compostela, doce de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais