Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 18 de febreiro de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Vilalba, no contorno do estudio de detalle nº 37, así como a apertura do trámite de información pública.

O que en cumprimiento do acordado polo Pleno municipal e do establecido no artigo 42.1º da Lei 11/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia, faise público co fin de que calquera interesado que queira examina-lo expediente poida facelo por espacio dun mes contado a partir da derradeira publicación deste anuncio no DOG ou no diario La Voz de Galicia, podendo deduci-las alegacións pertinentes durante ese período.

Vilalba, 19 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado