Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/146-2, 4840 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea mercado gandeiro-instituto de Castro Ribeiras de Lea.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: instalación cabina interruptor-seccionador nos C.T. instituto e mercado gandeiro, propiedade de BEGASA. Instalación de L.M.T. subterránea.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 3 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo