Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 5 de febreiro de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Álvarez-Novoa Beiner, Francisco J. e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regu

lamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, Praza de América nº 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, ambos no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG.

Vigo, 5 de febreiro de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)