Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Almacenamientos y Montajes, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-1-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 21-1-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto l040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de xaneiro de l998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Disposición preliminar

Dada a situación de dependencia absoluta respecto a un número de clientes extremadamente reducido, as necesidades postas de manifesto por estas, serán tomadas en conta como prioritarias e determinantes para os efectos de interpretación e aplicación do presente convenio colectivo.

Artigo 1º.-Ámbito de ap]icación.

O presente convenio concertado entre a dirección e os representantes legais dos traballadores da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A., afecta ó ámbito territorial da propia empresa no seu centro de traballo actual e a calquera outro que puidese establecerse no futuro, e regulará as condicións mínimas a que se deberán axusta-las relacións laborais e económicas dos traballadores da mencionada empresa.

Afectará a tódolos traballadores que actualmente presten os seus servicios na empresa, así como a aqueles que ingresen no futuro, sen máis excepcións que o persoal de alta dirección, que queda excluído

del, e por extensión a calquera lugar onde o persoal realice servicios por conta da empresa.

Ártigo 2º.-Vixencia, duración e denuncia.

O convenio entrará en vigor a partir da data do seu asinamento, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 1998.

Terá unha vixencia de tres anos, expirando o día 31 de decembro do ano 2000 prorrogándose por tácito de tres en tres meses, se ningunha das partes o denunciase cunha antelación mínima de tres meses á data de expiración.

Artigo 3º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen, cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que no cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio, e sen proxuízo do establecido anteriormente, non serán de aplicación cando a empresa acredite descenso, en termos reais, da facturación ou dos resultados do último exercicio, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do ano anterior.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Para entender da interpretación do convido, créase unha comisión paritaria das partes negociadoras deste convenio, que estará integrada por catro membros, dous deles pola parte económica, e dous pola parte social.

As reunións desta comisión celebraranse sempre que asista o 50% máis un, polo menos, dos membros que a integran, e para reunirse será suficiente que unha das partes o solicite. Entre a solicitude e a reunión, mediará un prazo mínimo de 48 horas.

Considéranse acordes da comisión paritaria aqueles que fosen aprobados, polo menos, polo 50% máis un dos membros que a integran. Na acta serán recollidas as discrepancias xurdidas, no suposto de non existir acorde por unanimidade, así como o feito da non consecución de acorde entre partes.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

O número de horas de traballo efectivas en cómputo anual para a duración do presente convenio, será de 1.790 horas.

O tempo de traballo computarase de modo que tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador estea no posto de traballo.

A xornada actual absorberá e compensará calquera outra reducción de xornada que por calquera motivo

se estableza no sucesivo, calquera que sexa o rango da disposición aplicable.

A fixación dos horarios de traballo e do calendario laboral será facultade da dirección da empresa, comunicando o seu establecemento e as causas motivadoras ós representantes legais dos traballadores; prevalecerán os criterios que supoñan melloras de competitividade, aumentos de producción, ou ben favorezan as necesidades estacionais e/ou irregulares da producción para adaptarse ós volumes de pedidos dos clientes.

En calquera caso, establécese como principio básico do presente convenio, que a configuración da xornada de traballo e os horarios estarán supeditados á preferente necesidade de servicio e atención ós clientes. En función do anterior, por aumentos ou diminucións no volume de pedidos, exceso de stocks, paradas de producción dos clientes, ou calquera outra causa que requira a acomodación do número de horas de man de obra dispoñibles ás realmente necesarias para atende-los pedidos, a dirección da empresa poderá modifica-los horarios fixados e establecer unha distribución irregular da xornada de traballo anual aumentando e/ou diminuíndo o número de horas de traballo efectivo diarias, logo de comunicación en escrito razoado ós representantes legais dos traballadores, e respectando os descansos entre xornadas legalmente establecidos.

De igual forma, a dirección da empresa, se as necesidades de traballo así o esixisen, poderá establecer quendas de traballo rotativas, con carácter semanal.

Artigo 6º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días naturais para todo o persoal e desfrutarase na forma fixada no calendario laboral que se xunta ó convenio.

O número de días de vacacións que se desfrutará serao en proporción ó tempo de permanencia na empresa e a ano de devengo vencido; tendo en conta que o período de devengo das vacacións que se desfrutará nun determinado ano, será desde o 1 de setembro do ano anterior ata o 31 de agosto do ano no que se desfrutan.

Se despois de confeccionado o calendario laboral, por cuestións organizativas, se fixese necesaria a modificación do desfrute das vacacións, as datas amoldaríanse ás ditas necesidades establecendo quendas para o seu desfrute. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan, polo menos dous meses antes do comezo do desfrute, sempre que iso sexa posible.

Do mesmo xeito, se despois de confeccionado o calendario laboral, por circunstancias conxunturais ou outras circunstancias, a empresa se vise obrigada a paralizar ou diminuír sensiblemente a súa actividade, xa fose por avarías, falta de subministración de materias primas, excesos de stocks, diminución nos niveis de pedidos dos clientes ou necesidades destes ou calquera causa de forza maior, a dirección

da empresa poderá modifica-lo período de vacacións de todo ou parte do persoal, logo de comunicacióin escrita motivada ó persoal afectado e representantes legais dos traballadores.

As vacacións cobraranse, única e exclusivamente, en razón do salario convenio.

Artigo 7º.-Festivos.

Establécense como máximo os días festivos que con carácter nacional e local fixe o calendario publicado no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Aplicarase en todo momento o que dispón ó respecto o artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Sen prexuízo do anterior, a dirección da empresa por necesidades do proceso productivo, da organización do traballo ou calquera causa de forza maior, poderá despraza-lo descanso do festivo a outro día laborable, logo de comunicación motivada ós representantes legais dos traballadores.

Páctase expresamente que, en caso de traslado do centro de traballo actual a outra localidade, e co fin de cubri-las necesidades de atención ó noso cliente Citröen, as festas locais que se desfrutarán serán as establecidas oficialmente para Vigo e non as da localidade na que estea situado o novo centro de traballo.

Artigo 8º.-Licencias.

A empresa concederá licencia retribuída con aboamento do salario convenio, nos seguintes supostos e sempre que as causas que dan lugar á licencia sexan fidedignamente xustificadas.

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

b) Tres días laborables en caso de nacemento de fillo.

c) Cinco días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe ou fillos.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns ou pais.

e) Dous días naturais en caso de falecemento de netos, avós, pais políticos, fillos políticos e irmáns políticos.

f) Dous días naturais ó ano como máximo e para cada un dos supostos, en caso de enfermidade cualificada como de prognóstico grave polo facultativo, de cónxuxe, pais ou fillos.

g) Dous días naturais no suposto de traslado de domicilio.

h) O tempo necesario nos casos de asistencia do traballador/a a consulta médica de especialista da Seguridade Social, cando coincidindo co horario de traballo o facultativo de medicina xeral prescriba a dita consulta; o traballador deberá presentar previamente o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata un límite de

dezaseis horas ó ano e a razón dun máximo de catro horas por día en que a consulta médica sexa necesaria.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Terá que facerse uso destas licencias no momento de producirse o feito causante.

O traballador disporá dun día natural máis nos supostos recollidos nos apartados d), e) e f) desta artigo, en caso de ter que realizar desprazamentos superiores a 200 km.

Artigo 9º.-Tempos.

Os tempos serán determinados polos procedementos de cronometraxe e/ou valoración que a dirección da empresa determine.

En caso de discrepancia no tempo asignado a unha operación, os servicios técnicos que a empresa determine realizarán unha comprobación do dito tempo no prazo máximo de 15 días. Se a pesar da dita comprobación se manteñen as discrepancias, o persoal cualificado externo que a empresa determine realizará outra comprobación, sendo o resultado desta comprobación vinculante para as partes.

Os tempos podarán ser modificados nos seguintes casos:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operativo, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise de posto.

d) Por erros nas gamas e follas de análise.

A revisión do tempo asignado a unha ou varias das fases dun proceso, implicará a automática revisión das súas restantes fases e os tempos a elas asignados.

Artigo 10º.-Aplicación de tempos.

Será facultade da dirección adoptar ou non o sistema de prima de producción individual ou colectiva, nos postos de traballo nos que sexa tecnicamente posible e mentres a organización do traballo ou calquera outro criterio de productividade ou seguridade no traballo non aconsellen o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro non parecido e ámbolos suxeitos de primas de producción, ou ben cando se produza unha modificación substancial no método ou no tempo nos ditas postos de producción incentivada, ó pasa-lo tempo de provisional a definitivo, facilitaráselle o que no novo posto ou as novas circunstancias consiga o seu índice de productividade habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se o operario traballo a prima individual, a compensación de aprendizaxe consistirá en aboarlle o

índice de productividade medio obtido na última quincena no posto anterior. Esta compensación durará como máximo o tempo necesario para a realización de 2.000 pezas ó tempo que a dita peza teña asignado, e deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu índice de productividade. No suposto de que no cálculo do tempo necesario para a realización das 2.000 pezas referidas, resultase fracción de días, efectuarase redondeo ó número de días inmediato superior.

Artigo 11º.-Rendementos.

Para os postos cronometrados e suxeitos a prima de productividade, o rendemento mínimo obrigatorio e máximo permitido será o chamado índice de productividade (I.P.) 100, equivalente ó obtido cun grao de actividade Bedaux 72 na escala 60-80 na que a actividade normal é a 60.

Para efectos aclaratorios do parágrafo anterior entenderase obtido o I.P. 100, cando esta cifra sexa o resultado de multiplica-lo número de pezas obtidas polo tempo concedido para cada peza, e dividi-lo resultado polo tempo efectivamente traballado.

Acórdase para efectos do disposto no artigo 54 do Estatuto dos traballadores, apartado e) e no artigo 11 da ordenanza laboral sideromatalúrxica referidos á ineptitude do traballador, que o rendemento mínimo será o antes mencionado I.P. 100. A non consecución do rendemento mínimo obrigatorio determinará a aplicación das sancións disciplinarias a que houbese lugar.

Tódolos rendementos anteriormente citados entenderanse alcanzados sempre e cando os traballos estean realizados dentro das condicións das pezas modelo, dos útiles de verificación, e cumprindo o establecido nos procedementos de calidade, seguridade e hixiene, proceso, mantemento, etc.

O incumprimento por parte do traballador dos requisitos e normas establecidos na empresa, levará aparellada a correspondente sanción que, en función da súa gravidade, disciplinariamente se determina no presente convenio.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, as pezas defectuosas por incumprimento do traballador dos requisitos e normas de fabricación, non cumputarán para efectos do pagamento da prima de productividade.

Artigo 12º.-Tempo de espera e tempo de paro.

a) Terán a consideración de «tempos de espera» aqueles que por causas imputables á empresa e alleas á vontade do traballador este teña que permanecer inactivo, ben por falta de elementos ó seu alcance, escaso ritmo da operación precedente, falta de ferramentas ou útiles de medición, espera de deci

sión de se o traballo pode ou non pode continuar por se ter presentado algunha dificultade no transcurso da súa execución, etc. Nestes casos, o traballador afectado percibirá o seu salario convenio.

b) Conceptuaranse como «tempos de paro» os que sufra o traballador por causas non imputables á empresa, ben por falta de materiais de traballo, fluído eléctrico, ou calquera causa de forza maior. Nestes casos, a dirección poderá determinar suspende-la actividade da sección afectada ou de todo o centro de traballo, ata que se reparen as causas que provocaron a parada, e o traballador deberá recupera-lo tempo non traballado na forma que o determine a dirección da empresa tendo, só entón, dereito á percepción dos haberes correspondentes ó tempo parado.

Artigo 13º.-Retribución do persoal.

Componse de salario convenio, plus de transporte e prima de posto ou prima de productividade para os postos de traballo nos que se adopte o dito sistema de incentivo.

Determínase expresamente para o persoal ó que é de aplicación ó presente convenio colectivo, a non percepción de ningún tipo de retribución en concepto de antigüidade; tendo en conta que nas condicións globais pactadas, as partes negociadoras compensaron a ausencia de tal complemento salarial.

Artigo 14º.-Salario convenio.

O salario mensual, que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o que figura no anexo I «Salario convenio», desta convenio colectivo.

Para todo o persoal, tanto de taller como de oficinas, tódalas mensualidades se considerarán de 30 días con independencia do número de días naturais que teña o mes.

Artigo 15º.-Plus de transporte.

O persoal afectado por este convenio, con independencia de que o tipo de horario no que preste os seus servicios sexa de xornada continuada ou xornada partida, percibirá por día efectivamente traballado e en concepto de gastos de locomoción, a cantidade de 530 pesetas.

Artigo 16º.-Prima de productividade.

Pagarase unha prima de productividade de 69 pesetas por hora efectivamente traballada, única e exclusivamente ó persoal e polo tempo que preste os seus servicios nos postos de traballo nos que se adopte o dito sistema de incentivo, de acorde co I.P. medio alcanzado mensualmente e sempre e cando este I.P. sexa igual ó 1,00, tal e como se establece como rendemento mínimo obrigatorio no artigo 11 do presente convenio colectivo.

Establécese expresamente que, cando un traballador pase de presta-los seus servicios dun posto

de traballo suxeito ó dito sistema de incentivos a outro que non o está, deixará de percibir este concepto retributivo.

Artigo 17º.-Prima de posto.

a) Pagarase unha prima de posto de 50 ptas. por hora efectivamente traballada, única e exclusivamente ó persoal e polo tempo que preste os seus servicios no uso de carretas elevadoras.

b) Pagarase unha prima de posto de 30 ptas. por hora efectivamente traballada, única e exclusivamente ó persoal e polo tempo que preste os seus servicios en tarefas de reparto de material ós postos de traballo.

Establécese expresamente que, cando un traballador pase de presta-los seus servicios dun posto de traballo suxeito ós ditos sistemas de incentivos a outro que non o está, deixará de percibir este concepto retributivo.

Artigo 18º.-Plus de nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade, para tódalas categorías e por hora efectivamente traballada, na confía de 90 ptas./hora.

Considerarase traballo nocturno o realizado entre as 23 e as 5 horas.

Artigo 19º.-Plus por traballos tóxicos, penosos e perigosos.

1. A determinación ou cualificación dun traballo como penoso, tóxico farase por acordo entre a dirección da empresa e a representación legal dos traballadores, decidindo, en caso de desacordo, a autoridade laboral.

Fíxase contía de 30 ptas. por hora efectiva de traballo, para o persoal que ocupe postos declarados tóxicos, penosos e/ou perigosos, xa estean afectados por un ou máis destes supostos.

2. Raídos.

a) Aboarase o plus correspondente a traballos tóxicos, penosos e/ou perigosos, a razón de 20 ptas. por hora de traballo efectivamente realizada, naqueles postos de traballo nos que se alcancen niveis de ruído equivalente diario superiores a 90 dB(A), e en concepto da perigosidade e/ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos ditos postos.

b) O persoal que traballe en postos cun nivel de ruído equivalente diario que estea comprendido entre os 80 e os 90 dB(A), percibirá a cantidade de 1.000 ptas. ó ano, en concepto da perigosidade e/ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos ditos postos.

c) É obrigatoria a utilización de proteccións auditivas, naqueles postos ou zonas de traballo cuns niveis de ruído superiores a 80 dB.

Artigo 20º.-Pagamento de nóminas.

O aboamento dos haberes devengados realizarase por períodos mensuais naturais vencidos, e o pagamento terase a través dunha entidade bancaria ou caixa de aforros, mediante o aboamento na conta do traballador o día 10 do mes seguinte. En caso de coincidi-lo dito día en domingo ou festivo, o pagamento realizarase o día laborable seguinte. O último día laborable de cada mes efectuarase un anticipo igual para todo o persoal, de 90.000 ptas. que se descontará na nómina do mesmo mes.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas a razón de 30 días sobre salario convenio.

Estas gratificacións serán aboadas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se aboen. As pagas extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas os días 20 de xullo e decembro respectivamente. En caso de coincidir estas datas con domingos ou festivos, o aboamento realizarase o primeiro día laborable seguinte.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

Os traballadores suxeitos ó presente convenio realizarán horas extraordinarias cando isto sexa necesario para atende-las necesidades productivas perentorias e urxentes, así como para a reparación de sinistros, avarías, modificacións de liñas e instalacións productivas ou calquera causa de forza maior.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais aquelas que resulten necesarias para atender períodos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate: mantemento, reparación de avarías, etc.

As horas extraordinarias, a criterio da dirección da empresa, poderán ser compensadas co tempo de descanso equivalente, ou no seu defecto mediante a retribución que figura segundo categorías e I.P. realizado nos anexos II e II bis «Horas extraordinarias» do presente convenio.

Artigo 23º.-Aumento e revisión salarial.

a) Incremento salarial.

Acórdase para cada un dos anos de vixencia desta convenio, un aumento salarial equivalente ó incremento do IPC real do dito ano; excepto para o ano 1998, cos salarios que se recollen nas táboas anexas.

As tábaos salariais que se aplicarán con efectos de un de xaneiro de 1998 serán as que figuran nos anexos II e II bis. Nos anos sucesivos da vixencia deste convenio, as táboas salariais que se aplicarán

desde o día un de xaneiro de cada ano serán as definitivas do ano anterior (unha vez aplicada a cláusula de revisión salarial se así procedese) incrementadas na porcentaxe de previsión oficial de incremento do IPC para ese ano.

b) Revisión salarial.

En caso de que o IPC rexistrase ó final de cada un dos anos de vixencia do convenio, unha evolución distinta ó IPC previsto, efectuarase unha revisión salarial do signo que proceda (que se aboará se o IPC resulta ser superior ó previsto, ou que se descontará se o IPC real quedase por debaixo das previsións.

A dita revisión salarial efectuarase:

a) Con signo negativo e efectos retroactivos ó 1 de xaneiro do ano de que se trate, en caso de que o IPC real quedase por debaixo das previsións.

b) Con signo positivo e efectos a partir do mes en que o IPC real supere o previsto, en caso de que a final de ano o IPC real resultase ser superior ó previsto.

En ámbolos casos, a revisión salarial efectuarase de tal xeito e na contía suficiente, para que os salarios o 31 de decembro dese ano e con respecto ó ano anterior, resulten ter evolucionado na mesma porcentaxe que o IPC real.

Este apartado b.b. non é de aplicación para o ano 1998, no cal se consideran como definitivas as táboas anexas.

Artigo 24º.-Cláusula de conxelación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio, e sen prexuízo do establecido no artigo anterior, non serán de aplicación cando a empresa acredite descenso, en termos reais, da facturación ou dos resultados do último exercicio, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do ano anterior.

Para efectos de aplicación da presente cláusula, as partes acordan someterse ás seguintes normas cle procedemento:

1. A dirección da empresa comunicará por escrito ós representantes legais dos traballadores, a vontade de acollerse á presente cláusula.

2. No prazo máximo dos 60 días naturais seguintes á comunicación anterior, a dirección da empresa entregaralles ós representantes legais dos traballadores unha memoria explicativa das causas que motivan a solicitude e os balances e contas de resultados dos dous últimos exercicios económicos.

3. Unha vez entregada a documentación sinalada no punto anterior, os representantes legais dos traballadores disporán de dez días naturais para presentar por escrito á dirección da empresa as alegacións que coiden oportunas.

Transcorridos os prazos procedementalmente previstos realizaranse os axustes salariais necesarios, para que a presente cláusula de conxelación salarial sexa efectivamente aplicada.

Artigo 25º.-Seguridade e hixiene.

A empresa dotará o persoal da adecuada roupa de traballo e/ou utensilios de protección, o uso dos cales será obrigatorio.

O persoal realizará a limpeza periódica do seu posto de traballo, como achega á maior hixiene e seguridade posible dentro do centro de traballo. Para tal fin, a empresa habilitará o tempo necesario para a realización da limpeza do posto, e o dito tempo será considerado como tempo de traballo para efectos de retribución, a excepción da prima de producción.

Artigo 26º.-Recoñecemento médico.

A dirección contratará un reconecemento médico anual, como mínimo, para todo o persoal. O tempo empregado na realización do dito recoñecemento médico non computará como horas efectivas de traballo.

Artigo 27º.-Seguro colectivo.

A empresa concertará seguro colectivo de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran unha indemnización de 2.000.000 de ptas. en caso de accidente laboral ou común do traballador con resultado de morte, enfermidade profesional, invalidez permanente total, absoluta, ou gran invalidez.

Artigo 28º.-Faltas.

Para efectos laborais enténdese por falta toda acción ou omisión que supoña quebranto dos dereitos de calquera índole recollidos polas disposicións laborais vixentes e, en particular, polas que figuran no presente convenio colectivo.

Toda falta cometida por un traballador cualificarase atendendo a calquera dos seguintes factores de intencionalidade, reincidencia, importancia, repercusións ou transcendencias tanto de ámbito interno da empresa como de cara ó exterior (clientes, mercado, etc.); en falta leve, grave ou moi grave.

Artigo 29º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves:

1. Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen a debida xustificación, cometidas durante un período de tres meses.

2. Non notificar con carácter previo a falta de asistencia ó traballo e o motivo desta ou, se iso no fose posible, xustificar dentro das 24 horas seguintes á ausencia, a razón.

3. Os pequenos descuidos na conservación ou custodia do material ó seu cargo ou instalacións.

4. A falta de aseo ou limpeza persoal.

5. Non comunicarlle á empresa os cambios de domicilio.

6. Os defectos de calidade imputables ó operario orixinados nos procesos de fabricación dos productos, naquelas operacións que non estean cualificadas como de seguridade e/ou regulamentación, e que sexan derivados de incumprimento das pautas de fabricación, de erro ou omisión dos controis de calidade establecidos nos procedementos, ou de erro ou omisión na realización da operación.

Artigo 30º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves:

1. Entre catro e seis faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de seis meses.

2. Faltar de un a tres días ó traballo, durante un período de tres meses, sen causa que o xustifique. Abondará unha soa falta de asistencia inxustificada para que a falta sexa considerada como grave, cando tivese que relevar a un compañeiro, ou como consecuencia dela se lle causase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

3. Ausentarse do posto de traballo sen a debida autorización e durante un tempo superior a 10 minutos. Se como consecuencia do abandono do posto de traballo se derivase prexuízo dalgunha índole para a empresa, ou para os compañeiros de traballo, ou fose causa de accidente, esta falta será considerada como moi grave.

4. Os descuidos na conservación ou custodia do material ó seu cargo ou instalacións, que ocasionen danos ou perdas materiais de valor económico superior a 25.000 pesetas ou orixinen ou poidan orixinar defectos de calquera grao na calidade do producto ou traballo realizado.

5. A desobediencia ós superiores ou persoal autorizado en calquera materia de traballo, incluída a resistencia ou obstrucción á implantación de novos métodos de racionalización do traballo ou modernización de maquinaria que pretenda introduci-la empresa, así como negarse a cubri-los partes de traballo, controis de asistencia ou calidade, etc. Se a dita falta implicase algún tipo de quebranto da disciplina, ou dela se derivase algún prexuízo para a empresa ou compañeiros de traballo, considerarase como falta moi grave.

6. Simula-la presencia doutro compañeiro no traballo, asinando ou fichando por el.

7. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha desta, ou a calidade ou cantidade dos seus resultados finais.

8. A imprudencia en acto de servicio ou o incumprimento das normas de seguridade no traballo. Se implicase risco de accidente para si ou para os seus compañeiros ou perigo de avarías nas instalacións, a falta considerarase como moi grave. En todo caso, terá a consideración de falta grave, o non uso das

pezas de roupa de protección e elementos de seguridade de carácter obrigatorio.

9. Realizar, sen a oportuna autorización, traballos particulares durante a xornada de traballo, así como o emprego para os seus usos propios de ferramentas, material ou instalacións da empresa.

10. As discusións cos compañeiros.

11. Os defectos de calidade imputables ó operario orixinados nos procesos de fabricación dos productos, naquelas operacións que estean cualificadas como de seguridade e/ou regulamentación, e que sexan derivados de incumprimento das pautas de fabricación, de erro ou omisión dos controis de calidade establecidos, ou de erro ou omisión na realización da operación.

12. A manipulación ou modificación non autorizada dos medios de fabricación ou control.

13. A reiteración ou reincidencia en faltas leves, aínda que sexan distinta natureza, dentro dun período dun ano. Para as faltas por defectos de calidade especificadas neste artigo, non existirá ningún límite de tempo para efectos de considera-la súa reincidencia para unha graduación maior.

Artigo 31º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves:

1. Máis de seis faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de doce meses.

2. As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período de vintecatro meses.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou calquera persoa, se se realizase dentro das dependencias dela ou en acto de servicio en calquera lugar.

4. Os delictos de roubo, estafa ou malversación cometidos fóra da empresa, ou calquera outra clase de delicto común que poida implicar para esta desconfianza con respecto ó seu autor.

5. A simulación de enfermidade ou accidente, ou calquera manipulación realizada para prolonga-la situación de baixa por algún deses conceptos; así como a realización de calquera tipo de traballo por canta propia ou allea, en situación de baixa por incapacidade laboral derivada de accidente ou enfermidade.

6. A realización de traballo en estado de embriaguez ou calquera outro estado derivado da inxestión de substancias, que orixinen a mingua das mínimas condicións físicas ou psíquicas nas que debe prestarse o traballo.

7. Viola-lo segredo da correspondencia, documentación reservada da empresa.

8. Revelar datos de reserva obrigatoria.

9. Realizar actividades externas que a empresa declare incompatibles ou que impliquen competencia cara a ela.

10. As ameazas ou os malos tratos de palabra ou obra, ou a falta de respecto ou consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros ou subordinados.

11. Causar accidentes en si ou noutros por neglixencia, imprudencia ou incumprimento de normas de seguridade ou outras.

12. O abandono do traballo en postos de responsabilidade.

13. A diminución non xustificada do rendemento no traballo.

14. Orixinar ou participar en rifas ou liortas cos seus compañeiros de traballo.

15. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun período de dous anos. Para as faltas por defectos de calidade especificadas neste artigo, non existirá ningún límite de tempo para efectos de considera-la súa reincidencia para unha graduación maior.

Artigo 32º.-Sancións.

As sancións máximas que se lles poderán impoñer ós que incurran en faltas serán as seguintes:

1. Por faltas leves:

a) Amoestación verbal.

b) Amoestación por escrito.

c) Suspensión de emprego e soldo por un día.

2. Por faltas graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

3. Por faltas moi graves:

a) Traslado forzoso a outro centro de traballo doutra localidade sen dereito a ningunha indemnización.

b) Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

c) Despedimento.

Artigo 33º.-Contratación.

Contrato de obra.

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15.1 apartado a) do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Os ditos contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados e que representen un volume adicional de traballo, que sexan limitados no tempo e de data de remate previsible, aínda que o remate do contrato non estará

vinculado a unha data determinada senón ó remate da obra ou servicio de que se trate. A presente inclusión neste convenio non poderá entenderse en ningún caso como unha limitación á modalidade contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os representantes legais dos traballadores asinantes do presente convenio desisten expresamente durante a súa vixencia, do exercicio do dereito de folga nos conflictos derivados da aplicación de calquera das materias contidas nel.

No suposto de discrepancias sobre a aplicación do convenio, procederase do seguinte xeito:

1º A comisión paritaria coñecerá do conflicto e emitira informe.

2º En caso de persisti-las discrepancias, o conflicto someterase a un procedemento de mediación para intenta-la consecución dun acordo entre partes. A elección do mediador realizarase logo de acordo das partes.

3º De resultar infructuosa a mediación e de non haber acordo, quedará a criterio das partes acudir a un sistema de arbitraxe ou ben acudir ó ámbito xudicial competente.

A presente disposición adicional considerarase, para tódolos efectos, como cláusula de carácter obrigacional.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente texto aplicarase o disposto na derrogada ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica do 29 de xullo de 1970, así como a Lei 8/1980, do 19 de marzo, do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de carácter xeral.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio sono co carácter de globais e individuais para efectos da súa aplicación práctica.

Como consecuencia disto, no suposto de que por disposición legal de calquera rango, ou por resolución da autoridade administrativa ou xudicial, se impuxesen novas condicións de traballo non pactadas ou se declarase a nulidade dalgunha das convidas, o que se considera unha automática ruptura do equilibrio das diferentes contraprestacións pactadas, as partes deberán volver a reunirse, con fin de axusta-lo contido do convenio á nova situación creada.

Terceira.-Traslado de centro de traballo. Mobilidade xeográfica.

Para efectos do estipulado no artigo 40 do Estatuto dos traballadores, establécese:

l. Considerarase que non esixe cambio de residencia o traslado do centro de traballo a unha dis

tancia inferior a 60 km á redonda da súa localización actual no camiño do Caramuxo, número 65, da cidade de Vigo.

2. No caso de que houbese traslado de domicilio, se se supera a distancia fixada no parágrafo anterior, a compensación de gastos polo dito traslado que pagará a empresa, logo de presentación de facturas, en ningún caso será superior a 50.000 pesetas sexa cal sexa o importe das facturas achegadas polo dito concepto.