Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.943

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 13 de febreiro de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciada por Orde do 6 de outubro de 1997.

Convocada por Orde do 6 de outubro de 1997 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro de 1998) a provisión,

polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas lei 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 6 de outubro de 1997 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro de 1998).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1998.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO I

Apelidos e nome: Díaz Iglesias, Rafael.

NRP ou DNI: 3373844235A2060.

Grupo: A.

Corpo/escala: Superior da Admón. da Xunta de Galicia.

Código do posto: XUC991000027001001.

Denominación: Secretario/a provincial.

Nivel: 28A.

Dependencia: Delegación Provincial de Lugo.

Localidade: Lugo.