1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras.
b) Número de expediente: S98/8.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: material deportivo. b) División por lotes e número: non. c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: fixarano os licitadores en su oferta, e non poderá ser superior a 30 días desde a adxudicación.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 9.000.000 de ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 180.000 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que se presentará: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.
1ª Entidade: véxase punto 1.
2ª Enderezo: véxase punto 6 b.
3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de material deportivo con destino ás escolas deportivas municipais».
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 12 de febreiro de 1998.
O alcalde
P.D.
Rubricado