Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/325-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Av. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Fuso Cornido-Sta. Mariña (Freixeiro-Amenadas). Narón.

Situación: Narón (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,005 km con orixe na L.M.T. aérea Cornido-Sta. Mariña (expediente 52760) e final na L.M.T. aérea Cornido-Sta. Mariña en C.T. Freixeiro (expediente 9322) en conductor LA-110/116,2 mm sobre apoios metálicos. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 0,943 km con orixe na L.M.T. aérea Cornido-Sta. Mariña (expediente 52760) e final no C.T. Freixeiro (expediente 9322) en conductor R.H.V.-12/20 kV 3 (1x240) mm Al. C.T. non prefabricado de 630 kVA 15.000/380-220 V en rúa García Morato (concello de Narón). C.T. non prefabricado de 630 kVA 15.000/380-220 V en Travesía da Estr. de Cedeira (lugar de Freixeiro).

Todas aquelas personas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña