Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: C.T. e R.B.T. Os Martores.
Situación: Valga.
Descricións técnicas: C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V nos Martores, concello de Valga. R.B.T. aérea, de 195 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 14 de xaneiro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra