Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/408-1).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º (Est. 6), 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Bouzas de Soandres e C.T. Campo Medado.

Situación: Laracha (A Coruña).

Descricións técnicas: L.M.T. aéreas a 20/15 kV de 308 e 8 m de lonxitude en conductor LA-30 que parte da L.M.T. Rosende-Boimir-Corgo-Currelos e final nos CC.TT. que se construirán en Bouza de Soandres de 25 kVA e Campo Medado de 50 kVA, concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

A Coruña, 23 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña