Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 97/696).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública

a solicitude da empresa Donuts Galicia, S.L., con enderezo social en r/ Isaac Peral, 3-4 do polígono do Tambre en Santiago de Compostela para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Sistema de coxeración de dous grupos motor-xerador de 745 kW c/u, utilizándose como combustible gas natural e tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade. Transformador de 1.600 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa no polígono do Tambre de Santiago de Compostela.

Orzamento: 100.537.393 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 2 de decembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña