Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de xaneiro de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01255-O-97 e dez máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon

contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se indican.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para alegaren por escrito perante este servicio provincial de transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense, 23 de xaneiro de 1998.

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

de Ourense