Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de proceso selectivo de persoal.

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o día 4 de decembro de 1997, acordou aproba-las convocatorias e bases de procesos selectivos para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no seu cadro de funcionarios, que a continuación se sinalan, polo procedemento que en cada caso se indica, e publicándose as bases xerais e individualizadas no BOP número 3 do 7 de xaneiro de 1998, e correcións de erros no número 17 do 27 de xaneiro. As citas prazas corresponden a diversas ofertas de emprego público que se concretan no mencionado boletín oficial.

O número de prazas vacantes, a súa denominación e características, relaciónanse a continuación:

Tres prazas de administrativos de Admón. xeral encadradas na escala de Admón. xeral, subescala administrativo, clase administrativo e integradas no grupo C.

Dúas prazas de auxiliares de Admón. xeral, encadradas na escala da Admón. xeral, subescala auxiliar, clase auxiliar e integradas no grupo D.

Unha praza de informático técnico de sistemas, encadrada na escala de Admón. especial, subescala técnica, clase técnico superior e integrada no grupo A.

Unha praza de operador de ordenador persoal, encadrada na escala de Admón. especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar e integrada no grupo C.

Unha praza de oficial carpintero, encadrada na escala de Admón. especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios, e integrada no grupo D.

Sistema de selección:

Para as de administrativos de Admón. xeral establécese o sistema de concurso-oposición, quenda restrinxida, para dúas delas, e o mesmo sistema para a outra, por quenda libre.

Titulación: bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente ou ter unha

antigüidade de dez anos na subescala auxiliar, grupo D, ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación, para quenda restrinxida.

Para as dúas prazas de auxiliar de Admón. xeral, establécese o sistema de concurso-oposición libre. Titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Para unha praza de informático técnico de sistemas por concurso-oposición libre, os aspirantes a ela deberán estar en posesión do título de licenciado en ciencias informáticas, físicas, exactas ou enxeñeiro de telecomunicacións.

Para unha praza de operador de ordenador persoal establécese o sistema de concurso-oposición por promoción interna, e os aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente, ou ter unha antigüidade de dez anos na subescala auxiliar, grupo D, ou de cinco anos e a superación dun curso especificado de formación, debendo acreditar unha antigüidade de, polo menos dous anos no corpo ou escala a que pertence o día do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Para unha praza de oficial carpinteiro, establécese o sistema de concurso-oposición libre, debendo os aspirantes estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

As demais condicións dos aspirantes, programa específico de cada unha das prazas e outros requisitos atópanse integramente publicados no BOP de Pontevedra xa sinalado ó principio deste extracto e, caso de interesa-lo dito exemplar, pódese solicitar á Sección de Rendas da propia Deputación Tlf. (986) 80 41 00.

As solicitudes para tomar parte nas probas de calquera das prazas convocadas deberán presentarse no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste extracto no BOE, e tamén polo sistema establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e neste último caso as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas datadas polo funcionario do servicio que corresponda antes de seren certificadas.

O que se fai público para coñecemento dos interesados.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado