Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Faise público de acordo co sinalado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, que o Pleno do Concello do Vilar de Santos, en sesión realizada o 22 de xaneiro de 1998, aprobou definitivamente a modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias do planeamento de ámbito municipal vixentes.

Contra o presente acordo, que é firme na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación deste acordo, o que se lle comunicará previamente a este concello.

Vilar de Santos, 23 de xaneiro de 1998.

Xosé Antón Jardón Da Cal

Alcalde