Visto o expediente para outorgamento do autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalacións eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Ourense, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Pedregás, Reboredo, S. Simón e Torro.
Situación: O Corgo.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,022 km, sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación un de 50 kVA e outro de 160 kVA 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95-50-25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Pedregás, Reboredo, S. Simón e Torro, concello do Corgo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 9 de xaneiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo