Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/449-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Maderas del Louro, S.A.

Domicilio social: Pontellas-Atios, 36400 O Porriño.

Denominación: central de coxeración en Pontellas-Atios.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: instalación de coxeración composta de 3 grupos motoalternadores síncronos

de 1.3000 kVA cada un, que utilizan como combustible gas natural ou propano. Equipo de control, protección, manobra e acoplamento. Almacenamento de propano de 230 m. Aparamenta eléctrica comprendendo 3 trafos de 1.500 kVA cada un e equipo de medida. Sistema de recuperación da calor composto de 3 caldeiras, 4 intercambiadores e dúas torres de refrixeración. No lugar de Pontellas-Atios, concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 28 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra