Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO polo que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación ós titulares dos predios afectados pola construcción das instalacións da rede de distribución de gas natural O Porriño-Vigo. Addenda II.

Na data do 4 de febreiro de 1998, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións da rede de distribución de gas natural O Porriño-Vigo. Addenda II. A dita aprobación de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de acuacions en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración de necesidade de ocupación dos terreos afectados. Ó mesmo tempo, a declaración de utilidade pública e urxencia na ocupación vén determinada polo disposto no artigo 10 da citada lei.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan na Casa do Concello onde están os predios, como punto de reunión para, con independencia de desprazarse posteriormente ó terreo e de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade máis o último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Par o levantamento de actas os afectados deberán presentarse o próximo día 4 de marzo de 1998 no Concello de Vigo, a partir das 9.30 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de notificación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos do concello sinalado.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e mais a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio, Enagas, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 10 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación que se cita con expresión do número de predio, titular,

datos catastrais (polígono e parcela) e natureza

T. M. Vigo

Predio nºTitular e domicilioAfecciónCatastroNaturezaCitación

Lonxitude

(m.l.)

O. Temp.

(m)

PolígonoParcelaMesDíaHora

PO-VO-92/2 VDescoñecido1962.5481992Monte altoMarzo411

PO-VO-92/3 VDescoñecido961.24819965Monte altoMarzo411

PO-VO-95/1 VDescoñecido6483219965Monte altoMarzo411