Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e en cumprimento do acordado pola Corporación Provincial na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polos concellos que se relacionan, para a xestión, liquidación, inspección e recadación dos impostos que se mencionan, nas condicións xerais

establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación do DOG do día 19 de setembro de 1994:

Concellos; impostos:

Larouco: impostos de vehículos de tracción mecánica. Taxa de rede de sumidoiros.

Maceda: imposto de bens inmobles. Imposto sobre actividades económicas. Imposto sobre vehículos de tracción mecánica e taxa de recollida de lixo.

A data de inicio de efectos desta delegación é a do 1 de xaneiro de 1998 e o prazo da súa vixencia axustarase ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 30 de xaneiro de 1998.

O presidente

Rubricado