Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a subministración de mobiliario con destino ó cuartel da policía local en Miguel Servet.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S98/11.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: Mobiliario. b) Lugar de entrega: Véxase punto 1. c) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a 30 días desde a data da adxudicación.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 9.989.920 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 199.798 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981)18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1. 2ª Enderezo: véxase punto 6 b. 3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa», e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar á poxa para a subministración de mobiliario con destino ó cuartel da policía local en Miguel Servet».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 3 de febreiro de 1998.

O Alcalde

P.D.

Rubricado