Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díaz, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Paderne, Sequeiras.
Situación: Chantada.
Descricións técnicas: liña de M.T. a 20 kV con orixe en L.M.T. Arcos e final en C.T. de Muradelle. Liña de M.T. 20 kV con orixe en L.M.T. de Diamondi e final en C.T. de Sequeiras. L.M.T. a 20 kV con orixe en L.M.T. Arcos e fin no C.T. de Paderne. Tres C.T. de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Redes de B.T en Al R.Z. 0.6/1 kV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 15 de xaneiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo