Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díaz, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S. Ribela-Colexios.
Situación: Sarria.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al lonxitude 0,72 km.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 15 de xaneiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo