Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.732

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 6 de febreiro de 1998 polo que se convocan bolsas para a realización de estudios de integración europea en centros universitarios belgas.

A Fundación Galicia-Europa convoca seis bolsas para a realización de estudios de integración europea durante o curso académico 1998-1999 nos seguintes centros de estudios:

-Colexio de Europa en Bruxas.

-Instituto de Estudios Europeos da Universidade Libre de Bruxelas.

-Universidade Católica de Lovaina.

Requisitos:

1. Ter realizados estudios universitarios completos de segundo ciclo. Poderán optar ás bolsas aqueles candidatos que se atopen non último ano de carreira. É imprescindible o título para accederen a elas.

2. Ter un bo expediente académico (a avaliación do expediente académico realizaraa o centro universitario elixido polo candidato).

3. Domina-la lingua ou linguas de traballo do centro que escolla o candidato.

4. Ter nacido despois do 31-12-1968.

5. Ter residencia en Galicia.

6. Te-la nacionalidade dun dos estados membros da Unión Europea.

Data límite de presentación da solicitude das bolsas:

2 de marzo de 1998 para o Colexio de Europa de Bruxas e 1 de abril de 1998 para o resto dos centros.

Selección:

Salvo para o Colexio de Europa a concesión da bolsa estará condicionada á presentación da aceptación para a realización do curso por parte do centro elixido.

A Fundación Galicia-Europa realizará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estes entre aqueles que sexan admitidos polos centros correspondentes.

Información e presentación de solicitudes:

Xunto coa solicitude de bolsa segundo o modelo do anexo I deberá presentarse expediente académico currículum vitae e demais documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.

As solicitudes deberán presentarse na Fundación Galicia-Europa rúa dos Feáns 5-baixo, 15706 Santiago de Compostela. Telf.: (981) 54 10 12 fax: (981) 54 10 13. Horario de 9 a 14 horas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa