Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

No BOP de Pontevedra, número 16, datado o 26 de xaneiro de 1998, aparecen publicadas as bases da convocatoria realizada polo Concello de Vila de Cruces para prover, mediante concurso-oposición, a praza seguinte:

Denominación: auxiliar administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de auxiliar administrativo, grupo D.

Titulación esixida: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Nº de prazas: unha.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Dereitos de exame: 3.000 pesetas.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Vila de Cruces, 28 de xaneiro de 1998.

Xesús Otero Varela

Alcalde-presidente