Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de xaneiro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada S.B. número 4, a favor de José Antonio Pérez Alcalde, Mª Luisa López Piñeiro, Manuel Pérez Alcalde e Mª Luisa Piñeiro Figueira.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do

31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: S.B. nº 4.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 143.

Data da concesión: 21-11-1958.

Data de finalización da última prórroga: 15-12-2003.

Anterior concesionario: Fernando Rodríguez Torrado e Elena Silva Rodríguez.

Novo titular da concesión e batea: José Antonio Pérez Alcalde, Mª Luisa López Piñeiro, Manuel Pérez Alcalde e Mª Luisa Piñeiro Figueira.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

Vigo, 26 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña