Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara, tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 4067/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Juan.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 139 O Grove E.
Data da concesión: 31-5-1970.
Data do remate da última prórroga: 21-7-2000.
Anterior concesionario: Fernández Blanco, José Francisco (35.419.399) e Suárez Blanco, Eugenia (76.493.917).
Novo titular da concesión: Abalo Maneiro, Irene (35.447.409).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesio
narios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 20 de xaneiro de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)