Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/25-2, 4903-A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díaz, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Bragaña Puxeda (Palas de Rei).

Situación: Palas de Rei.

Descricións técnicas: dúas liñas de media tensión aérea a 20 kV en apoios de formigón e conductor LA-56/54.6 mm cunha lonxitude total de 1.723 metros. Dous centros de transformación de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Dúas redes de baixa tensión a 380/220 V en R.Z. -0.6/1 kV en apoios de formigón e lonxitude total de 1.300 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Súarez

Delegado provincial de Lugo