Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 30 de decembro de 1997, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e o sistema de poxa da obras de ampliación e mellora do cemiterio municipal.

O que se fai público por un prazo de oito días durante os cales se poden presentar cantas reclamacións xulguen oportunas, ó procedemento de licitación ata a resolución daqueles, adiándose canto for necesario.

Ó mesmo tempo anúnciase a licitación do citado contrato de obras:

Primeiro.-Entidade adxudicadora.

a) Concello da Pontenova.

b) Dependencias nas que se tramita o expediente: oficinas municipais.

Segundo.-Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: ampliación e mellora do cemiterio municipal.

b) Nº de expediente: 5/1997.

c) División por lotes e número: primeira fase (48 tumbas, 192 nichos).

d) Lugar de execución: seis (6) meses.

f) Orzamento de licitación: 17.446.717 pesetas, IVe incluído.

g) Garantía provisional: 348.934 pesetas.

Terceiro.-a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

Cuarto.-Garantías:

Provisional: figura nos apartados 2g.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Quinto.-Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Pontenova (Lugo).

b) Domicilio: Xeneralísimo, s/n.

c) Localidade e código postal: A Pontenova-27720.

d) Teléfono: (982) 34 22 77.

e) Fax: (982) 34 20 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día décimo terceiro posterior á data de publicación deste anuncio (para os efectos do cómputo dos prazos indícase que os días son naturais).

Sexto.-Gastos de anuncios: o pagamento do importe dos anuncios correrán por conta do contratista adxudicatario.

Sétimo.-Requisitos específicos do contratista: non se esixe.

Oitavo.-Presentación de proposicións e documentación: as proposicións presentaranse en man no rexistro do concello, durante os trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, no que figurará como lema ou título da obra a que se licite, de acordo co modelo que figura no anexo.

A documentación que cómpre achegar é a esixida na cláusula 17ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Noveno.-Apertura de plicas.

Lugar: Casa do Concello.

Data: terceiro día posterior, contado desde a data de terminación do prazo de presentación de plicas, sempre que non cadre en sábado. Neste caso abriríanse o primeiro día hábil seguinte.

Hora: nove horas e trinta minutos (9.30).

ANEXO

D/Dª ....., domiciliado/a en ....., con DNI número ....., en nome propio (ou en representación de ..., como acredita por .....), enteirado/a da convocatoria da poxa, toma parte nela, comprometéndose á realización das obras de ....., no prazo de ... (en letra e en número) IVE incluído, conforme o proxecto técnico e o prego de cláusulas económico-administrativas que acepta integramente.

A Pontenova, 22 de xaneiro de 1998.

Enrique Fernández González

Alcalde