Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacón da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/7-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Couso norte e Couso sur.

Situación: Sandiás.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV, 183 metros de lonxitude, con conductor tipo LA-56 con orixe na L.M.T. Sandías-Vilar de Santos e remata no C.T. aéreo proxectado O Couso norte. L.M.T. aérea de 20 kV, de 13 metros de lonxitude, con conductor tipo LA-56, con orixe na L.M.T. Sandías-Vilar de Santos e remata no C.T. aéreo proxectado O Couso sur. C.T. de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V no Couso norte. C.T. de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V no Couso sur. Liña de baixa tensión no Couso norte e O Couso sur.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense