Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/4-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vide-Troncoso.

Situación: Catrelo de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea de 20 kV, de 96 metros de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe en apoio nº 6 da L.M.T.: Freas-Astariz e remata no C.T. aéreo proxectado de Vide. L.M.T. aérea de 20 kV, de 195 metros de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 22 da L.M.T.: Freas-Astariz e remata no C.T. aérea proxectado de Troncoso. C.T. proxectado de Vide, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. proxectado de Troncoso, de 100 kVA de potencia en relación de transformación 20.000/380 V. Liña de baixa tensión aérea proxectada do C.T. aéreo de Vide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense