Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de xaneiro de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Lugo, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas pola servicio de corrreos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente LU-00843-O-97 e cinco máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Faíselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordianrio o director xeral de Trans

portes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa por transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 de Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións común (BOE número 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Lugo, 19 de xaneiro de 1998.

Antonio Lage González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Lugo