Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.617

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000022/1998, interposto por Jorge Platas Casal.

Con data do 29 de xaneiro de 1998, o Comité Galego de Disciplina Deportiva recibe da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000022/1998, interposto por Jorge Platas Casal contra resolución do recurso número 417 do 31 de outubro de 1997, sobre a suspensión por seis meses e descualificación na proba de patinaxe de velocidade, distancia 10.000 metros, puntuación celebrada o 25 de maio de 1997 na pista de Adormideras da Coruña correspondente á categoría senior masculino.

En consecuencia, a Secretaría Xeral para o Deporte acordou, nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública