Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-276 e 296).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 14 de outubro de 1997, acordou aprobar definitivamente os expedientes denominados estudio de detalle e proxecto de compensación, en predio A Carballeira, sita en Nós (Oleiros). Contra este acordo que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3 da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos

interesados para formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da citada lei.

Oleiros, 5 de decembro do 1997.

Esther Pita Pita

Alcalde-presidenta